Dimite un concelleiro de Boiro investigado por presunta violencia de xénero

10 Xuño 2020

Un concelleiro popular boirense presentou no rexistro xeral do Concello a súa dimisión tras coñecerse que está a ser investigado por un presunto delito de violencia de xénero.

Segundo parece os feitos ocorrerían a pasada fin de semana na vila, onde reside a muller que interpuxo unha denuncia contra o seu antigo compañeiro sentimental nas dependencias da Policía Nacional de Ribeira.

O caso foi comunicado á Garda Civil boirense, lugar de residencia do presunto autor, e os axentes procederon a deter ao edil e a trasladalo aos calabozos. O domingo foi conducido ás dependencias xudiciais de Ribeira, onde o titular do xulgado de garda, decretou a súa posta en liberdade comunicada e sen fianza, ademais de interpoñer unha orde de afastamento da vítima.

As seguintes persoas que ían na lista do PP de Boiro son Paula García e Martín Romero, ás que se lles propoñerá facerse coa acta de concelleiro deixada polo dimisionario. Pero aínda non se decidiu, pois se está a expensas de falar con eles para coñecer a súa dispoñibilidade, segundo indicaron desde o Partido Popular.

A denuncia contra o exconcelleiro presentouna a súa exmoza, unha ribeirense de 35 anos, ao parecer, despois de que el acudise ao lugar de traballo dela e presuntamente estívoa acosando e molestando para pedirlle que retomasen a relación que mantiveran durante un par de anos, aínda que non vivían xuntos, e á que ela puxera fin.

Tras presentar a denuncia na comisaría ribeirense, esta última deu traslado á Garda Civil de Boiro para que procedese á detención do concelleiro, pois ten o seu domicilio nesa localidade, aínda que traballa nunha empresa do polígono industrial de Xarás (Ribeira). Tras o seu arresto, foi levado pola Benemérita aos calabozos da Policía Nacional na capital barbanzana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.