Arousa Norte e Muros -Noia entre os que poderán contratar persoal nas oficinas de turismo en verán

05 Xuño 2020

Catorce concellos da provincia da Coruña poderán optar ás axudas de preto de 300.000 euros que o Goberno galego viña reservando nos últimos anos para a contratación de persoal durante o verán no marco das súas habituais liñas de apoio. Concretamente, poden optar a estas achegas os concellos de A Pobra do Caramiñal, Muros, Ribeira, Rianxo, a agrupación de concellos de Lousame A mancomunidade de municipios da Ría de Arousa Norte, Laxe, Fisterra, Corcubión, Miño, Betanzos, Padrón, Ponteume e Cedeira remitíronse as notificacións a todos os concellos da provincia que o solicitaron.
Tendo en conta que a liña de subvencións convocada en febreiro pola Xunta de Galicia tivo que ser paralizada con motivo da crise sanitaria do COVID-19, retómase agora a través dunha nova fórmula administrativa para cooperar cos concellos que solicitaron esta axuda e reforzar o persoal das súas oficinas de turismo.
En total poderán beneficiarse os 53 concellos, municipios turísticos, xeodestinos ou agrupacións de concellos que o solicitaron. Cada solicitante recibirá 5.500€, o que supón un investimento total de 291.500 euros que se repartirá por toda a Comunidade, xa que 12 concellos ou entidades municipais pertencen á provincia da Coruña, 14 á de Lugo, 13 á de
Ourense e 14 á de Pontevedra.
Ovidio Rodeiro recalcou que “con esta medida búscase, en liña co previsto no Plan de Reactivación do sector turístico, fomentar o emprego, así como a colaboración cos concellos a través da contratación de persoal cualificado e profesionalizado que contribúa a blindar a calidade na atención turística no territorio galego”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.