1.809 PRAZAS EN 12 CAMPAMENTOS DE VERÁN NA PROVINCIA DA CORUÑA

17 Xuño 2020

A Xunta presentou esta semana a campaña de verán para este 2020, que baixo o nome O verán que necesitas pon á disposición da mocidade 1.809
prazas en diferentes actividades e campamentos de verán na provincia da Coruña. A proposta de actividades, que comezarán na segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro, inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e como novidade minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos
turísticos. O prazo de solicitude abriuse o pasado martes e terá unha duración de sete días hábiles.
Entre as novidades deste ano está o incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia e realizaranse actividades novas en Aldea do Couto (Ponteceso), Albergue de Mazaricos, Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e no Albergue Alvarella.
Así mesmo, un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas. Na provincia da Coruña ofértanse prazas no Albergue Xuvenil de Gandarío.
Protocolo específico Este programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade
que require actual situación.
Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.