Unha guía de balde axúdanos a atopar libros galegos na Internet

17 Maio 2020

Nesta situación de confinamento desde O Barbanza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da iniciativa #aculturasegue, queremos ofrecer aos nosos seareiros unha pequena obra do profesor, xornalista e colaborador habitual das nosas publicacións, Henrique Neira, Como Atopar Libros Galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, nunha edición actualizada na que se recollen páxinas web onde atopar libros.

Así os interesados terán referencias das bibliotecas virtuais galegas e doutras páxinas web galegas, españolas e internacionais que achegan libros. Completan a obra anexos nos que se recollen unha carta de navegación para o océano da información, libros e soportes, bibliotecas virtuais, un  glosario e bibliografía.

A obra está dirixida non só aos interesados en libros galegos senón tamén ao profesorado e alumnado de todos os ciclos educativos para que sirva de recurso.

É evidente que non están todos os recursos existentes, polo que agradécese o envío de información sobre páxinas web e outros recursos que non figuren na guía para a súa incorporación na vindeira edición que actualizaremos periodicamente mentres dure esta situación. A obra é de difusión gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.