Ribeira senta as bases da súa recuperación fronte a Covid19 coa sinatura dun ambicioso plan de reactivación social e económica co apoio do Partido Popular, PSdG-PSOE, BNG, Suma Ribeira, IPdR e Compromiso por Galicia

23 Maio 2020

O salón de sesións da Casa Consistorial de Ribeira foi o lugar no que se escenificou este mediodía a firma do Plan Reactiva Ribeira por parte
dos grupos municipais do Partido Popular, PSdG-PSOE, BNG e de Suma Ribeira: un ambicioso documento que coas medidas contidas no mesmo senta as bases da recuperación social e económica do municipio para contrarrestar no noso territorio os efectos da crise do covid-19.

Acto de sinatura do Plan Reactiva Ribeira coa intervencións dos voceiros dos partidos asinantes

O evento contou tamén coa asistencia de diversos axentes representativos da vida social e económica do municipio tales como a Asociación de Empresarios de Ribeira, Cáritas, ICE Renovación, Confrarías de Pescadores de Ribeira e Aguiño, Asociación Española Contra o Cancro ou Asociación de Amas de Casa, así como dos partidos sen representación na corporación local IPdR e Compromiso por Galicia.
Foi un acto sinxelo que principiou coa lectura completa do Plan para pasar a continuación á rúbrica por parte dos catro voceiros dos grupos anteditos —nesta orde: Xurxo Ferrón de Suma Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas de BNG, Xosé Manuel Vilas do PSOE e María Sampedro do PP—, seguida en cada un dos casos de breves discursos nos que houbo un denominador común: o de facer fincapé en que se estaban antepoñendo os intereses dos veciños aos intereses de partido.
Concluíu o alcalde Manuel Ruiz coa súa firma e posterior intervención antes de proceder a unha foto dos asinantes sostendo todos eles a bandeira de Ribeira. Agora, o próximo paso será anexionar ao texto colectivos representantivos da sociedade ribeirense.

Plan Reactiva Ribeira. De esquerda a dereita o alcalde e os voceiros María Sampedro do PP, Xosé Manuel Vilas do PSOE, Xurxo Ferrón de Suma Ribeira e Xosé Antonio Vázquez Cobas de BNG
Intervención do alcalde de Ribeira Manuel Ruíz Rivas
Voceiros dos partidos ribeirenses que participan no plan Reactiva Ribeira
Plan Reanuda Ribeira 1
Plan Reanuda Ribeira 2
Plan Reanuda Ribeira 3
Plan Reanuda Ribeira 4
Plan Reanuda Ribeira 5
Plan Reanuda Ribeira 6
Plan Reanuda Ribeira 7
Plan Reanuda Ribeira 8

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.