Comezan en Rianxo as xuntanzas por vídeo-conferencia entre Concello e tecido produtivo

29 Maio 2020

Este martes comezou o programa de xuntanzas por vídeo-conferencia entre o Concello de Rianxo, por unha banda, e os autónomos, comerciantes e empresarios locais, pola outra, co obxectivo de verificar o desenvolvemento da desescalada para o tecido produtivo rianxeiro e dar conta das súas principais necesidades neste dificultoso regreso á actividade e á normalidade. Na primeira das xuntanzas previstas participaron a edil de Urbanismo, Área de Rehabilitación, Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego, Maricarmen Figueira, e o orientador laboral del Concello, Marcos Alejandro.

As xuntanzas, que se levan a cabo por vídeo-conferencia (a través da ferramenta libre Jitsi) buscan “analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do Concello”.

O Goberno local, que ten canle propia en Jitsi a través da cal canalizar estas comunicacións co tecido produtivo rianxeiro, indica, que o acceso á plataforma poderá facerse nas vindeiras sesións a través de dispositivo móbil (teléfono ou tableta) ou computador persoal (portátil ou sobremesa). Na páxina do Concello indícanse polo miúdo os procedementos requiridos para tirar proveito da dita ferramenta.

Outros artigos

Un motorista resultou ferido tras colidir contra un coche en Rianxo

Un motorista resultou ferido este mediodía en Rianxo tras colidir contra un coche no quilómetro 9 da estrada AC-305, á altura da parroquia de Asados. Segundo a información facilitada polos servizos de emerxencia, o home chegou a permanecer inconsciente despois do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Todos ou ninguén. Non se sabe quen perdeu as eleccións e tampouco se sabe como será o asuntodespois dos pactos, dos acordos, de cumprir e de renunciar. Todo está no aire, aclarando queaqueles, aos que lles gusta non asentar os pés na terra, están de noraboa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.