Nove falecidos en hospitais elevan a 581 as vítimas por COVID-19 en Galicia

05 Maio 2020

As vítimas mortais que deixa a pandemia de COVID-19 en Galicia elévanse xa a 581 tras rexistrarse nas últimas horas cinco falecementos –tres mulleres e dous homes, todos eles maiores de 70 anos– en hospitais de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense.

Fontes sanitarias informaron a última hora da tarde deste martes do falecemento de dúas mulleres de 71 e 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI); aos que hai que sumar a morte doutra muller de 79 no hospital HM Rosaleda de Santiago, un home de 78 anos no CHUAC da Coruña e outro home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Todos presentaban patoloxías previas, segundo o Sergas. Deste xeito, a cifra de falecementos notificados polas autoridades sanitarias este martes en Galicia elévase a nove, xa que, horas antes, informaran da morte doutra persoa nunha residencia de maiores e doutras tres en hospitais de Galicia. Con estas cinco novas mortes en centros hospitalarios, a cifra de falecidos por COVID en Galicia elévase ata as 581: 451 en hospitais –uno deles en atención domicilaria– e outras 130 persoas en residencias de maiores. Así, notificáronse 123 falecidos en hospitais da área sanitaria da Coruña, 92 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 28 na área de Ferrol, 25 na de Lugo (unha das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra. Por outra banda, a Consellería de Sanidade tamén informou na mañá deste martes do falecemento dunha persoa na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, co que o número de mortes rexistradas nos centros xeriátricos elévase a 130. Ademais, as mesmas fontes sinalaron que faleceron, ata este luns, outras 129 persoas que estaban vinculadas con centros residenciais (pero que morreron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas), de modo que o número de falecidos relacionados con estes centros residenciais é de 259, case un 45 % do total de mortes por coronavirus en Galicia. Desde que se iniciou a pandemia, faleceron 22 usuarios na residencia DomusVi de San Lázaro, 20 na nosa Señora da Esperanza (Ourense), outros 20 na DomusVi de Cangas, 12 na residencia DomusVi de Barreiro(Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), 8 en DomusVi Matogrande, 7 en Remanso Claudina-Somoza, e 7 en Santa Teresa Jornet. Así mesmo, informouse da morte de 5 usuarios na residencia de Moledo (Vigo), e 3 en As Fragas de Pontedeume, os mesmos que en San Pedro de Crecente, en DomusVi Concepción Arenal (A Coruña) e na residencia Divino Mestre de Ourense. Finalmente, nas residencias Fogar Bellolar, Castro Caldelas, Caser A Zapateira (Culleredo), San Carlos de Celanova, residencia de Foz, A nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras), San José de Ourense e Fundación José Otero de Santiago, notificouse unha morte en cada unha delas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.