Chega O Club das Lerchiñas para encher os nosos fogares de contos vía Internet

06 Maio 2020

A cultura, en tempos de COVID-19, peta na nosa porta. E non só a cultura, senón tamén algunhas das súas irmás máis célebres: a imaxinación, a creatividade, o lecer, a lingua e a confraternidade. Estes e máis o poder das novas tecnoloxías da comunicación para sortear confinamentos e limitacións son os ingredientes do Club das Lerchiñas, unha iniciativa impulsada pola Cidade da Cultura de Galicia para que ningunha nena nin neno fique estes días sen o seu relato oral achegado por algunhas das máis experimentadas e senlleiras contadoras da nosa terra, entre as que se contan María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas. O Club das Lerchiñas forma parte da campaña #aculturasegue e desenvólvese nas redes sociais e na páxina web da Cidade da Cultura.

A contadora Bea Campos é unha das participantes na iniciativa

A iniciativa botará a andar o vindeiro 9 de maio e contará cunha emisión en liña todos ós sábados ata o 6 de xuño. A idea é que a devandita media ducia de contadoras lles acheguen ás familias, a través de Internet, “historias sinxelas e amenas, baseadas na tradición oral e tamén contos da súa propia autoría”, explican dende a Cidade da Cultura, engadindo que a actividade forma parte da programación online do complexo do Gaiás para brindar unha completa oferta cultural durante a crise sanitaria motivada pola COVID-19.

O Club das Lerchiñas arranca coa sesión de María Lado & Lucía Aldao, expertas en narración oral e en contos para a rapazada, que adaptan a contanconto a súa coñecida historia de Po e Xía. Seguiralle ao sábado seguinte, o 16 de maio, Bea Campos cunha versión do conto tradicional A princesa e o chícharo.

O sábado 23 de maio, Andrea Bayer estará acompañada polo monicreque Roque para facer chegar en liña desde a súa casa unha historia propia.

A seguinte sesión terá como protagonista o 30 de maio a Paula Carballeira e a súa historia Un conto con miga e codia.

Pechará o Club das Lerchiñas o sábado 6 de xuño a escritora Ledicia Costas co seu conto Conexión macarrón.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.