Boiro convoca á sector local da cultura para celebrar nas redes o Día das Letras

14 Maio 2020

Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano

As complexas circunstancias que estamos a vivir obrigan a que a edición 2020 do Día das Letras Galegas non sexa unha edición coma as demais: non haberá actos colectivos para celebralas e boa parte do programado desenvolverase nas redes (á espera dos actos conmemorativos oficiais que se adiaron até outubro). Os concellos da nosa comarca son conscientes desta nova realidade e estes días están a preparar cadanseus programas de actividades fundamentalmente online. Este xoves 14 o Concello de Boiro deunos a coñecer detalles da súa axenda conmemorativa (unha axenda para todo o mes de maio), que responde á súa vontade de “traballar en alternativas para proseguir coa programación cultural”.

O preparado polo departamento de Cultura de Boiro está composto de dúas vertentes. Por unha banda, a programación propia para o 17 de maio, que está centrada no autor ao que se lle dedica este ano do día das letras, Ricardo Carvalho Calero, e, polo outro, a campaña Cultura na Rede, que ten como protagonistas aos profesionais da cultura, de todos os ámbitos, que hai en Boiro.

Segundo explica o Concello, a programación do domingo, 17 de maio, vai conter un contacontos, ás 12.00h, a cargo de Teatro do Improvisto A vaca Paca. Pola tarde será Barbantia quen se encargue dos contidos culturais coa presentación de dous libros, Foula e Ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941) de Aurora Marco e Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso de Héctor Cajaraville, e tamén unhas lecturas de poemas do autor. Durante toda a xornada van participar tamén os centros educativos do municipio con contidos para as redes.

Para rematar o día vaise presentar, como dixemos, o ciclo Cultura na Rede, que, segundo explican dende o Concello, porá nas redes sociais, ante o mundo, a persoeiros locais da cultura nas súas múltiples manifestacións, por exemplo Fran Velo, Sonia Lebedynski, Diana Sieira, Riveiro Coello, María Magán ou Suso Santamaría, ente outros moitos. Na actividade farán unha presentación do seu traballo e explicarán o que representa para eles o acto de crear ou impulsar a creatividade.

Toda a programación arredor do Día das Letras Galegas vaise poder seguir a través das redes sociais do Concello de Boiro (por exemplo no Facebook de seu) desde o domingo 17 de maio e durante todo o mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.