A Xunta retoma as actuacións de obras públicas na comarca

12 Maio 2020

O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer datos sobre as obras públicas que se están a retomar nas comarcas da provincia, incluída a contorna do Barbanza. Segundo informou, a contía total de investimento nestas actuacións, preto dunha trintena, é de 138 millóns de euros. Estes e outros datos foron achegados polo delegado territorial durante unha xuntanza por vídeo-conferencia co equipo directivo da Asociación de Empresarios da Construción da Coruña, ao que informou das actuacións reactivadas tralo parón da COVID-19 e, tamén, notou nota das súas demandas.

Respecto á área do Barbanza o Ovidio Rodeiro destacou as obras de ampliación da EDAR de Rianxo con 8,9M€ e a renovación de beirarrúas en Ribeira con 249.000 euros.

Tamén se retomaron obras de seguridade viaria e reforzos de firme, ampliacións e melloras dos nosos portos e obras en centros ocupacionais. Tamén outras actuacións de rehabilitación de vivendas, obras en polígonos industriais, humanizacións ou conservación da natureza.

Ademais destas obras, que estaban en execución antes do inicio do Estado de Alarma e que agora se retoman, a Xunta tamén vai continuar a tramitación doutras 11 obras que estaban licitadas ou pendentes de licitar e que suporán un investimento de máis de 7,2 millóns de euros.

En total, as que estaban en execución máis as que se continuarán por ser consideradas esenciais, suman 41 obras na provincia, que supoñen un investimento aproximado de 145 millóns de euros.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...