Os Talleres de Memoria de Rianxo adáptanse ao plano dixital

15 Abril 2020

A pandemia de COVID-19 está obrigando a reformular boa parte das actividades de dinamización que estaban en activo nos nosos concellos, adaptándoas ás novas contornas tecnolóxicas, que ofrecen unha chea de posibilidades de interacción e comunicación a distancia. Un exemplo disto son os Talleres de Memoria que se estaban a impartir nas parroquias rianxeiras de Araño, Asados, Leiro, Rianxo e Taragoña, unhas actividades participativas para recuperar e poñer o valor o pasado do concello que, “ante a imposibilidade de desenvolver a súa parte docente e divulgativa de forma presencial”, tiveron que ser adaptadas ao ámbito dixital.

Segundo informan as organizadoras, para poder seguir desenvolvendo a iniciativa, as fichas de traballo achéganse a través de correo electrónico. As persoas que queiran recibir traballos deberán poñerse en contacto coas dinamizadoras Concha (696 798 204) e máis Chus (676 157 672).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.