O Concello da Pobra lanza normas de circulación e permanencia para evitar riscos nos seus paseos e areais

27 Abril 2020

Co fin de clarificar e ordenar as máis recentes medidas de desescalada do Estado de Alarma polo COVID-19 e evitar riscos co gallo das saídas das nenas e nenos, o Concello da Pobra vén de publicar na súa web unha serie de propostas de paseos seguros polo termo municipal, ao tempo que lembra que a autorización para saídas de menores de 14 anos está restrinxida a 1 quilómetro de distancia como máximo da vivenda, o que pode guindar un panorama de saturación nas praias e paseos máis próximos ao centro urbano da Pobra, e unha presión menor nas máis afastadas.

A continuación, reflectimos as pautas dadas polo Goberno local para evitar riscos por demasiada afluencia de visitantes na praia dos Areos e no paseo das Xunqueiras:

· A praia dos Areos, como os restantes areais do concello, será unha zona de paseo máis: en ningún caso para ficar xogando no mesmo punto durante demasiado tempo e por suposto non se permite tomar o sol. Para reducir a posibilidade de cruzamento con outras persoas só se poderá pasear nun sentido, sempre do centro da vila cara ó Xobre. Poderase regresar a través do propio paseo dos Areos.

· No paseo das Xunqueiras, “debido ao estreito que é”, o risco de contaxio é alto cando se produce un cruzamento entre persoas, informa o Concello, que fixa un sentido da circulación único para todas as persoas paseantes: será obrigatorio sempre no sentido das agullas do reloxo, é dicir, será preciso incorporarse ó paseo sempre tomando cara á esquerda.

Estas son as propostas, prohibicións e recomendacións para a contorna do Xobre:

· Nas praias da Barca, da Lombiña e da Illa o sentido de circulación será sempre cara ó municipio de Ribeira. Serán “unha zona de paseo máis, en ningún caso para permanecer xogando no mesmo punto durante demasiado tempo e, por suposto, non se permite tomar o sol”.

· Os paseos da Alta e da Illa, da mesma maneira ca o das Xunqueiras, só se poderán percorrer no sentido das agullas do reloxo, é dicir, será preciso incorporarse ó paseo sempre tomando cara á esquerda.

Con estas medidas, informa o Concello, “procuramos diminuír o número de cruzamentos entre persoas paseantes e, polo tanto, o risco de contaxio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.