Transportitas e condutoras profesionais de Ribeira homenaxeadas co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora

07 Marzo 2020

Un total de dezasete condutoras profesionais e transportistas do municipio de Ribeira foron homenaxeadas este mediodía no salón de plenos do consistorio dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, que se celebra mañá. A sesión sabatina completouse ademais con outros exitosos actos, tales como un función contacontos, unha exhibición
deportiva e unha lectura poética.
Nun recinto cheo de xente, as dezasete mulleres recibiron para a ocasión un diploma conmemorativo e un obsequio consistente nunha escultura en forma de simbólico lazo violeta. Foi este un acto moi emotivo no que mesmo dúas das homenaxeadas tomaron a palabra para contar a súa historia: Beatriz Beiro Pérez (pioneira en Ribeira ao lograr no ano 1987 o título de transportista de mercadorías tras superar un exame moi difícil: “entre homes sempre fun respetada”, dixo) e Paula Moreiras Blanco (camioneira internacional que mesmo cando foi nai obtivo a pertinente homologación do seu vehículo para poder levar consigo ao seu fillo xunto co seu marido: “fue muy difícil pero lo volvería a hacer 40.000 veces”).

Beatriz Beiro Pérez pioneira en Ribeira ao
lograr no ano 1987 o título de transportista de mercadorías

As outras quince mulleres son: Ana Outeiral Castro, Beatriz Gude Boo, Clara María Agrafojo Paz, Carolina Campaña Novo, Estefanía Martínez Filgueira, Josefa Millares Caamaño, Manola Rivas Vidal, María Isabel Abalo Regueira, María José Domínguez Pena, María Josefa Rodríguez Ageitos, María Manuela Tuset Ferrín, Patricia Laiño Silva, Raquel Rodríguez Araujo, Rocío García García e Sonia Castro Martínez.

Transportitas e condutoras profesionais de Ribeira homenaxeadas


O evento rematou cunha foto de familia na que tamén estiveron o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Igualdade Ana Ruiz e outros membros da Corporación. Acto seguido, na praza do Concello tivo lugar por cortesía da Escola de Boxeo El Canario e El Barrio Cross&Fight unha exhibición de deporte inclusivo con tres modalidades tradicionalmente ligadas a homes: boxeo, crossfit e kick boxing.

Exhibición da Escola de Boxeo El Canario e El Barrio
Cross&Fight
Kick boxing
Boxeo

Entrementres, no Centro Cultural Lustres Rivas se desenvolveu a función contacontos musicado titulada “Lúa triangular.
Nada é imposible!”. A animada xornada concluíu cunha lectura de versos de Rosalía de Castro na praza do Concello á que se animaron moitos admiradores da obra da poetisa.

Contacontos musicado titulada “Lúa triangular.
Nada é imposible!”
Lectura de versos de Rosalía de Castro na praza do Concello

Outros artigos

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

O Concello de Ribeira reparte composteiros entre a veciñanza

Este venres 24 de xaneiro déronse cita na nave municipal de Urbaser, na Fieiteira, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, xunto con Silvia Calaza, representante da empresa de xestión ambiental Ancaria. No acto produciuse a entrega ao Concello de 140...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...