O exército en Ribeira e Rianxo

22 Marzo 2020

Soldados da Brilat con sede en Figueirido (Pontevedra) chegaron a Ribeira e Rianxo, onde realizan tarefas de apoio ás autoridades locais e corpos e forzas de seguridade do Estado e auxilio a persoas necesitadas. Os soldados foron recibidos con aplausos e aclamacións polos veciños.

O despregamento de efectivos da Brigada Aerotransportable en Santa Uxía e na localidade rianxeira encádrase no marco da operación BALMIS de colaboración en distintos puntos do territorio co fin de establecer procedementos de actuación e as ligazóns cos corpos de seguridade locais.

Efectivos da Brilat en Ribeira. Foto cedida

O seu obxectivo é recoñecer as zonas máis conflitivas e infraestruturas sensibles, así como servir de apoio ás autoridades para o control e vixilancia de posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio.

Efectivos da Brilat. Foto cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...