O CEP Pilar Maestú, distinguido nos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva

10 Marzo 2020

Onte celebrouse no CIFP Compostela o acto de entrega dos primeiros Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva co que se recoñece o traballo neste eido de oito centros educativos de toda Galicia nas dúas modalidades convocadas: a modalidade A, dirixida a centros de Infantil e Primaria; e a modalidade B, destinada a centros de ESO, Bacharelato e FP Básica.

Na primeira das categorías houbo representación da comarca, pois o pobrense CEP Pilar Maestú obtivo o segundo premio, dotado con 2.500 euros. Cun proxecto titulado A escola que soñamos e soñaremos, basearon o seu bo facer na participación activa das familias, querendo nenos e nenas “felices.” É dicir, unha escola que acolle á diferenza, na que tódalas capacidades son benvidas e que constrúe contornas seguras e acolledoras.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, felicitou aos galardoados e amosou o seu agradecemento ao total de 74 centros presentados a esta convocatoria que foi creada co obxectivo de difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste senso, están a realizar os equipos docentes.

A este respecto, a titular de Educación subliñou que unas das prioridades do seu departamento é “a formación de persoas con valores, capaces de respectar a diversidade e de sacarlle o máximo partido.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.