En marcha un certame para combater o aburrimento da reclusión: o Rianxo Streaming Festival

20 Marzo 2020

O Concello de Rianxo quere pór o seu gran de area para facer que o confinamento da veciñanza sexa o máis levadeiro posíbel. Por esta razón, puxo en marcha un certame de creación de “contidos dixitais contra aburrimento na corentena”, o Rianxo Streaming Festival. O obxectivo é converter en fervedoiro de talento e participación a reclusión forzosa da xente nos seus fogares derivada do estado de alarma para frear o espallamento do andazo de COVID-19.

Co gallo do festival poderase presentar todo tipo de contribucións dixitais: música, contos, monólogos, divulgación, etc. Este material será publicado na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co cancelo #RXtreaming. “O noso obxectivo non é outro que combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira”, explican dende o Concello, debullando os pasos para participar no certame.
1. Creamos o noso vídeo

Música, monólogo… o que se nos ocorra.

2. Enviámolo ou publicámolo

Podemos envialo á conta rs@concell​​​​​​​oderianxo.gal ou publicalo e etiquetalo co cancelo #Rxtreaming

3 Cómpre avisar á organización do festival a través do Telegram ou WhatsApp no 667 18 55 77

4 Publicarase nas redes sociais e, de ser o caso, na canle específica de YouTube do festival.

O certame do Concello de Rianxo tamén incluirá o desenvolvemento dalgún reto concreto para as e os participantes.

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.