Rianxo acolle este domingo a doceava edición do Campionato Galego de Kenpo e Kumite

11 Febreiro 2020

Este domingo 16 de febreiro Rianxo vaise converter na capital galego da práctica deportiva do Kenpo ou Kempo (拳法), unha disciplina de artes marciais que adoita xuntar nunha mesma práctica as tradicións chinesa e xaponesa. En termos concretos, a cita rianxeira será a 12 edición do Campionato Galego de Kenpo e Kumite. A maiores, celebrarase o primeiro Encontro Galego de Parakenpo.

Segundo explica o Concello de Rianxo, colaborador na organización da cita, as ditas disciplinas de artes marciais teñen unha importante presenza na nosa terra, posto que “Galiza foi a primeira en celebrar un campionato oficial con proba en submission a nivel nacional, e, tamén, a primeira en desenvolver tamén un encontro en Parakenpo”.

O inicio deste campionato será ás 9:30 horas, no Pavillón Polideportivo de Rianxo.

A cita está organizada por Kenpo Barbanza e conta coa colaboración da Concellería de Deportes local.

Sobre o Kenpo

O termo Kenpo, como dixemos, adoita describir as artes marciais híbridas creadas en base a artes xaponesas e chinesas. A palabra kenpo é a tradución en idioma xaponés da palabra en idioma chinés Chuan Fa. Ambas significan “método de loita a man baleira”.

A nivel comarcal, contamos coa importante actividade de Kenpo Barbanza, o club impulsado polo histórico deportista ribeirense Juan Hombre e os seus alumnos e seguidores. A entidade ten web propia onde explica boa parte da filosofía na que asenta. O mesmo podemos dicir da páxina de Kenpo Galicia, a web oficial do Departamento Galego de Kenpo.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.