O Entroido de Rianxo arrinca este venres pola noite con música e disfraces na praza Castelao

21 Febreiro 2020

Aínda que xa comezaran a certos niveis, nos centros docentes e nas asociacións, hoxe arrincan (oficialmente) as celebracións rianxeiras do Entroido, cun programa focalizado en diferentes emprazamentos que se vai ir desenvolvendo dende este venres até o 29 de febreiro. O comezo virá marcado este venres 21 pola Festa do Entroido, organizada pola Asociación Festival Rock In Rian na praza Castelao, a partir das 23.00 horas, con carpa incluída.

Ao día seguinte, o sábado 22, no mesmo emprazamento e mesma carpa da praza Castelao, celebraranse as Olimpíadas Pallasas de Peter Punk (xogos, probas e actividades diversas dirixidas ao público familiar). Esta actividade virá da man da Comisión de Festas Virxe do Carme de Rianxo.

Na noite do sábado 22, tamén na carpa da praza Castelao, haberá a partir das 22.30 un baile e Entroido amenizado polo grupo Pantuma-K e Mínimo Eventos. Organiza a Comisión de Festas Virxe do Carme.

Ao día seguinte, domingo 23, a praza de Castelao será (a partir das 17.30) novamente o epicentro festeiro, coa celebración do Certame de Carrozas e o desfile que recalará na praza dende a zona portuaria. Haberá tres premios de 800, 600 e 400 euros e até 5 accésits de 150 euros. Tamén están previstos obradoiros e xogos diversos na carpa do Entroido, un espectáculo de animación de rúa (O Mundo do Circo) da man de Troula Animación e máis un sorteo de agasallos entre as persoas disfrazadas.

O luns 24 desenvolverase no Pavillón Polideportivo de Rianxo a actividade De-porte Choqueiro, organizada pola Concellería de Deportes, entre as 16.30 e as 19.30 horas. O único requisito que se pide para participar é irmos disfrazadas e disfrazados. Haberá inchables, obradoiros, xogos…

O martes 25 volvemos á praza Castelao, á carpa do Entroido, para participar noutro programa de obradoiros e xogos a partir das 17.00 horas.

O mércores 26, será a quenda do Toribiño, o histórico monifate rianxeiro, que será enterrado a partir das 20.00 na praza Castelao e que participará na tradicional procesión festeira polas rúas de Rianxo até a contorna portuaria (zona de queima). Organiza a Asociación Festival Rock in Rian.

A festa oficial rematará o sábado 29, en Taragoña (Campo de Pasos a partir das 17.00 horas, con inchables, obradoiros e concursos de carrozas organizados pola veciñanza), e máis en Araño (coa Festa do Cocido a partir das 21.30 horas no Centro Cultural de A Capela, que inclúe cea e baile, e que está organizada pola Asociación A Carballeira de Baia).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.