Os Reis chegaron a Ribeira

05 Xaneiro 2020

Tal como estaba previsto e acompañados de bo tempo os magos de Oriente visitaron as parroquias de Ribeira e remataron na praza do Concello despois de percorrer as rúas da Cidade. Centos de nenos acompañados dos seus pais seguiron o saúdo dos Reis desde o Consistorio. Antes os magos visitaron un Belén vivinte situado nos soportais do Concello, unha iniciativa da Asociación Alfaia que se recupero tras 26 anos sen emprender esta acción.

Os Reis, despois de repartir de madrugada os agasallos ós nenos, acudirán mañá luns día 6 á Igrexa Parroquial de Santa Uxía Riveira. Será as 12 da mañá durante a celebración da Eucaristía e posteriormente os nenos que o queiran poderán saudar ás súas Maxestades.

OS reis acompañado do alcalde saudan os nenos congregados na Praza do Concello
Belén vivente da Asociación Alfaia
Centos de nenos e veciños participaron na Praza do Concello na chegada dos magos de oriente
Paxes acompañando un dos magos na súa carroza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.