A proxección de Los amigos. La pinícula chega ao pobrense Elma

24 Xaneiro 2020

O pobrense Teatro Cine Elma será escenario o domingo 26, ás 19.00 horas, da proxección do filme Los amigos. La pinícula. Trátase dunha peza audiovisual que xurdiu hai un par de anos cando varios compañeiros de profesión empezaron a gravar unha historia de humor absurdo e irreverente no seu tempo libre.

De seguido, crearon unha páxina de Facebook onde colgaban tódolos avances e, ao pouco tempo, comezaron a gañar adeptos e popularidade, traducíndose nunha maior expectación e incorporando a numerosos actores e actrices que se ofreceron a colaborar tales coma Manuel Manquiña, Xosé A. Touriñan, David Amor, Federico Pérez, Pepo Suevos, David Perdomo, Marcos Pereiro, Luma Gómez ou Marta Doviro, entre outros.

Así mesmo, uníronse a esta aventura personaxes relevantes da cultura galega coma, por exemplo, Susana Seivane, Brais Morán, Kiko Novoa ou Sevi Martínez.

Foi entón cando, co obxectivo de acollelos a todos, se transformou en guión, recollendo o título o espírito da película.

A este acto de proxección asistirá o director do filme, Omar Rabuñal Varela.

A entrada é de balde, ata completar o aforo. Organiza a Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. "As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...