A Campaña de Esquí 2020 da Deputación inaugurouse coa participación de cen nenos e nenas da Costa da Morte e Barbanza

27 Xaneiro 2020
Cedida

Un centenar de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos dos concellos de Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas gozaron esta fin de semana en Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, da primeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2020, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante estes días, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

A deputada responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Cristina Capelán, destacou que este ano a Deputación achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. Neste senso, apuntou que “o obxectivo é achegar a práctica do esquí aos máis novos e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia”, ademais de precisar que a próxima expedición partirá este venres, 31 de xaneiro, con outros 100 rapaces dos concellos da comarca de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.