Premiados dous alumnos do CIFP Coroso no Eduemprende Idea 2019

23 Decembro 2019
Cedida

Dous alumnos do CIFP Coroso (Ribeira), Óscar Laíño Carril e David Vázquez Teira, resultaron premiados no concurso Eduemprende Idea 2019, concretamente dentro da modalidade dirixida a estudantes de ciclos de grao medio, polo proxecto KAD Kids and animals detection.

O recoñecemento consiste na incorporación a un viveiro de empresas da Consellería de Educación, no asesoramento técnico do Igape e nunha dotación económica de 3.000 euros.

No acto de entrega dos premios, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, felicitou aos participantes polo seu espírito emprendedor e destacou que “estades aquí algúns dos mellores expoñentes galegos do espírito emprendedor, motor do crecemento da economía e que favorece, tamén, a cohesión social ao contribuír non só ao voso desenvolvemento persoal, senón a darvos a oportunidade de mellorar a vosa empregabilidade en calquera ámbito ou situación”, lembrando que “outras persoas estiveron neste mesmo lugar, con proxectos premiados dos que algúns son hoxe empresas en funcionamento.”

Pola súa banda o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que os emprendedores xogarán un papel clave na Galicia do futuro. Conde tamén fixo fincapé en que a educación se converte no vehículo idóneo para implantar a cultura do emprendemento tanto entre os máis novos durante a etapa de formación coma no mercado laboral entre os profesionais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.