O mercado ribeirense da Porta do Sol foi suspendido o sábado polo temporal.

21 Decembro 2019

O mercado tivo que ser suspendido hoxe sábado debido á alerta vermella. A ribeirense praza da Porta do Sol viviu onte a inauguración do Mercado de Nadal no que se despregan un total de 16 postos e unha zona infantil para ofrecer a oportunidade aos seus visitantes de mercar todo tipo de obxectos relacionados con estas datas navideñas.

O acto contou coa intervención do alcalde Manuel Ruiz, quen destacou que a iniciativa pretende contribuír a dinamizar o comercio local a través da instalación dun foco de atención como son os mercadiños navideños, moi arraigados en moitos sitios de Europa.

Entre os postos que integran a iniciativa situada fronte á igrexa de Santa Uxía figuran algúns de negocios riveirenses que recolleron a invitación a tomar parte na iniciativa. Os usuarios poden mercar nestas instalacións adornos, plantas e doces de Nadal, regalo, téxtil, artesanía, marroquinería, xoiería e libraría, ademais de degustar crepes, chocolate, viño quente, doces de Nadal…

O mercado cunha zona infantil aberta de 11.30 a 13.30 horas onde se desenvolverán obradoiros de adornos de Nadal con materiais naturais e de reciclaxe totalmente gratuítos. Os contidos do mercado se irán intercambiando con outra instalación similar en Vilagarcía para conferir unha maior variedade aos produtos en venda. O horario do mercado será de 11 a 14 e de 16 a 21 horas. Desenvolverase todos os días ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Despois da inauguración tivo lugar un obradoiro de guirnaldas de Nadal para todos os públicos.

Acto inaugural do mercado de Nadal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...