O festival de Nadal de The English Study Center solidarizase este venres con Amicos

12 Decembro 2019

A academia The English Study Center de Boiro vai organizar, como cada ano, unha nova edición do seu festival solidario de Nadal, un certame centrado na participación, na solidariedade e na música tradicional (participan un cento de alumnas e alumnos da academia cantando diferentes panxoliñas en inglés, celebrando estas datas festivas ao tempo que afondan no seu coñecemento práctico da lingua inglesa). Este ano, o festival benéfico vai dirixido á Asociación Amicos.

Para a súa presentación, hoxe, acudiron Macarena Fernandez, Nerea Crujeiras e Felisa Piñeiro, que acompañaron no acto á concelleira de Servizos Sociais de Boiro, Marisa Collazo e á propietaria da academia Susana Blanco.

O evento celebrarase no pavillón da Piscina de Boiro, este venres 13 de decembro ás 18:30hs. A entrada terá un custe de 2€ e no seu transcurso farase un sorteo de diferentes agasallos cedidos por comercios do concello. As rifas terán un custe de 1€ cada unha.

Macarena Fernández agradeceu á academia que este ano, como novidade, usuarios de Amicos e nenos e nenas da academia teñan previsto cantar xunt@s varias panxoliñas, nas súas palabras “un gran paso a prol da inclusión e unha importante celebración do valor e o talento das persoas”.

Segundo se fixo saber na presentación celebrada hoxe, a vertente solidaria do festival con respecto aos proxectos de Amicos non é unha novidade, xa que a academia xa ten colaborado noutras ocasións coa asociación.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.