O comercio de Rianxo acompaña a campaña de Nadal con 5.000 euros en premios

05 Decembro 2019

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e Rianxo Centro Comercial Aberto (Rianxo CCA) veñen de anunciar unha máis que completa campaña de Nadal con importantes agasallos á fidelidade da veciñanza. En total, sortearanse 5.000 euros en premios, a maioría dos cales veñen da man dos propios establecementos participantes. Consisten sobre todo en vales de compra, vales por servizos, artigos varios e lotes de produtos. Ademais, a asociación aporta 3 vales de 100 € e outros 6 vales de 50 € para gastar nos establecementos adheridos á campaña.

Segundo informan as dúas entidades, os boletos para participar na campaña pódense conseguir realizando compras nos establecementos asociados participantes nela. Tamén insisten na importancia de que os clientes que reciban boletos e os cumprimenten deberán depositalos na urna do local onde se lles subministraron, co fin de garantir o óptimo desenvolvemento da iniciativa (os premios achegados por cada establecemento sortéanse entre os seus propios clientes).

O proceso de determinar os destinatarios dos galardóns realizarase ao longo de varios días: primeiro desenvolverase (en cada establecemento adherido) o sorteo dos premios aportados por este e logo, unha vez rematado este proceso nos comercios, celebrarase o sorteo dos vales da ARE na sede desta, o máis probábel que o 9 de xaneiro.

A ARE quere salientar “a gran implicación dos socios nesta campaña” e agradecerlles “o enorme esforzo que fan para poder levala a cabo: “Sen a súa colaboración sería imposible acadar a cifra de 5.000 € que se logrou este ano”, engade a asociación.

Outros artigos

O PSOE de Rianxo propón un plan municipal de inclusión infantil

O Grupo Municipal Socialista presentou no último pleno da Corporación local unha moción para a elaboración dun Plan Municipal de Inclusión Infantil, en palabras da agrupación "unha proposta pioneira na comarca que busca garantir a participación de todos os nenos e...

+

Mediarea recala este mes de xullo en Rianxo (o 16) e na Pobra (o 19)

A banda galega Mediarea estará os días vindeiros na comarca do Barbanza, ao abeiro da xira Fillos da Virasón, presentando os seus novos temas e facendo repaso das súas contribucións previas. Na nosa comarca achegarán dous concertos para residentes e visitantes: en...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.