O alumnado ribeirense do cuarto ciclo da USC participa nun acto académico en Compostela

16 Decembro 2019

Os cincuenta alumnos e alumnas asistentes programa Camiños de Coñecemento e Experiencia do IV Ciclo da Universidade de Santiago acudiron o pasado venres 13 de novembro a Compostela para participar nun acto académico de entrega de diplomas no paraninfo da Facultade de Historia.

De seguido, convidadas e convidados pola USC, asistiron á interpretación de O Mesías de Haendel a cargo da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. Acompañou ao alumnado a concelleira ribeirense Ana Barreiro Rego.

O Cuarto Ciclo da USC é unha contribución formativa da Universidade para achegar os estudos ás persoas maiores de 50 anos das comarcas próximas a Compostela e Lugo (onde están os campus da USC). Entre outros, están incluídos nas súas actividades os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, amais da Estrada, Muros, Outes, Teo, O Pino, Arzúa e Ordes. Por contidos, achégaselles aos estudantes sesións teóricas e prácticas de historia, música, medio ambiente e educación familiar.

Con esta iniciativa preténdese que a Universidade sexa “un pulmón de osíxeno do coñecemento tamén na contorna rural galega”, en palabras da USC.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.