Máis dun cento de persoas anotadas nos obradoiros de arte floral de Ribeira

13 Decembro 2019

A localidade ribeirense de Carreira acolleu na tarde de onte o primeiro dos obradoiros de arte floral que se desenvolverá no municipio con motivo do Nadal e que, por vez primeira, viaxan ás parroquias, obtendo unha gran aceptación entre a veciñanza.

Neste senso, conseguiuse cubrir o número mínimo de persoas inscritas requirido para poder impartir esta acción. Así, celebrarase nas oito parroquias de Ribeira, exceptuando en Santa Uxía. En total, e a falla de cubrir algunhas vacantes se xorde máis xente interesada, son 117 as persoas anotadas.

O referido obradoiro desenvolveuse onte na Casa da Cultura de Carreira, contando coa participación de 10 veciñas, aos cales se lles fixo entrega de diplomas coa presenza do concelleiro de Comercio e Turismo, Ramón Doval.

Para hoxe en Corrubedo hai apuntados 14; mañá en Artes, 15; o luns en Palmeira, 17; o martes en Oleiros, 12; o mércores en Aguiño, 16; o xoves en Castiñeiras, 17; e o venres en Olveira, 16.

Por outra banda, o sábado 14, en horario de 10.00 a 14.00 horas, un elfo patinador circulará polo Malecón e polas rúas peonís da cidade coa fin de distribuír material informativo do novidoso Mercado de Nadal que se situará na praza de Porta do Sol a partir do venres 20, tendo lugar a inauguración ás 18.00 horas, e que estará integrado por 16 postos de produtos propios desta época coma xoguetes artesáns, turróns, doces, roupa e adornos de Nadal, intercambiándose cun mercado similar emprazado en Vilagarcía para variar o seu contido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...