Cáritas Parroquial de Ribeira organiza o seu Festival Benéfico de Nadal

02 Decembro 2019

Un decembro máis, Cáritas Parroquial de Ribeira organiza o seu Festival Benéfico de Nadal, o cal se celebrará o 15 de decembro, ás 19.00 horas, no Auditorio municipal. Así o deron a coñecer esta mañá a presidenta da entidade, Teresa Pérez; o secretario, Manuel Mirás; e a concelleira de Cultura, María Sampedro.

A edil María Sampedro destacou o “labor extraordinario” que desenvolve esta organización, ademais de gabar as actividades de inclusión social e creación de emprego que levan a cabo. Tamén expresou o seu agradecemento porque “hai moitas veces que desde as entidades públicas non somos capaces de chegar a moitos sitios e aí están eles sempre botando unha man, arrimando o ombro e chegando a tódalas persoas que o necesitan.”

Na súa intervención, Teresa Pérez precisou que a finalidade deste evento “non é tanto para recadar, senón para concienciar á xente de que existe Cáritas e de que calquera que o necesite pódese acercar alí en calquera momento.” Así mesmo, explicou que o festival contará coas actuacións do grupo de pandeireteiras da Terceira Idade de Ribeira; o cantautor Álex Millet; a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira e, como novidade, o seminarista Ange Patrick, coa súa portentosa voz como xa demostrou noutras citas realizadas na cidade. O espectáculo é totalmente gratuíto e sortearanse agasallos entre os asistentes (os tíckets dos sorteos xa están a venta). Ademais, Teresa Pérez subliñou a boa sintonía e colaboración existente entre a organización benéfica e os Servizos Sociais do Concello.

Pola súa parte, Manuel Mirás fixo balance e salientou que están nos mínimos históricos en canto ao número de familias atendidas por Cáritas Parroquial de Ribeira nos seus 39 anos de traxectoria: un total de 133, cando nos peores tempos da crise se superaban as 300 familias e aínda o ano pasado estaba ao redor das 170.

A este respecto, detectaron que sobre todo se creou moito emprego nas conserveiras. A pesar disto, indicou que nun 25% dos casos a pobreza está cronificada.

Este ano Cáritas contratou unha educadora social con moi bos resultados e durante o Nadal levará a cabo novas iniciativas como a campaña de recadación de alimentos nos supermercados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...