AMBAR pon á venta un calendario solidario de película

04 Decembro 2019

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o 3 de decembro, a Asociación AMBAR desenvolveu numerosas actividades ao longo desta semana na comarca. Entre elas, hoxe tivo lugar no pobrense Elma a presentación do Calendario Solidario 2020, evento no cal interviñeron o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro; a presidenta de AMBAR, Milagros Rey; e o fotógrafo e realizador do calendario, Víctor Manuel Martínez Campos ‘Pichero’. A continuación, proxectouse un vídeo de todo o proceso de traballo, desde a caracterización previa á realización das propias fotos. Ademais, procedeuse á entrega duns galardóns a tódalas persoas participantes.

Esta edición está dedicada integramente ao cine español e os filmes escolleitos foron Quien a hierro mata, Bajo el mismo techo, Los Japón, Dolor y gloria, Viaje al cuarto de una madre, Elisa y Marcela, Viva la vida, Gente que viene y bah, El Olivo, La librería, Que se mueran los feos e A pesar de todo.

O calendario poñerase á venta o 5 de decembro, podendo reservarse a través do enderezo electrónico correo@asociacionambar.org ou do teléfono de contacto 981874480, así como no Centro de Recursos de Ribeira da Asociación AMBAR, a Oficina de AMBAR na Pobra do Caramiñal e a Academia Yara. O calendario de parede ten un custe de 5 euros e o de sobremesa de 3 euros. Os fondos recadados irán destinados a financiar proxectos para promocionar o empoderamento e inclusión das persoas con diversidade funcional.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...