Alumnado de Ribeira fala por videoconferencia con Papá Noel

16 Decembro 2019

Oitenta alumnos e alumnas do CEIP Frións e do Colexio Bayón desprazáronse esta mañá ata a Aula CeMIT de Ribeira para falar por videoconferencia con Papá Noel, quen se atopa en Laponia traballando arreo coa axuda dos elfos e renos.

As crianzas tiveron a oportunidade de transmitirlle que agasallos lles gustaría que deixase baixo a árbore. Así, a maioría das peticións centrábanse en bonecas e tarxetas de Pokémon. Pola súa banda, Papá Noel interesouse por coñecer se recollían os xoguetes, se comportaban ben ou como ía o curso escolar.

Esta actividade, promovida pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Ribeira, tamén dispuxo dunha sesión de contacontos. Ademais, a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, e o alcalde Manuel Ruiz quixeron sumarse a este evento e aproveitaron para felicitar as festas á rapazada entregándolles un pequeno obsequio.

O rexedor manifestou que esta iniciativa enmárcase dentro da programación do Nadal, expresando a intención de brindarlle esta posibilidade a outros centros educativos e maior número de alumnado o próximo ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.