A Deputación da Coruña desenvolve o programa “Machismos sen miopías” en Rianxo, Fene, Teo e Padrón

05 Decembro 2019

Os días 10 e 12 en Rianxo desenvolverase o programa “Machismos Sen Miopías”, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña co fin de xerar espazos colectivos nos que traballar a identificación de violencias machistas invisibilizadas.

A área de Igualdade da Deputación da Coruña continúa co seu programa de obradoiros de sensibilización contra a violencia machista que se prolongarán até o día 13  e se realizarán na vindeira semana nos concellos de Rianxo, Fene, Teo e Padrón, completando o conxunto de dez municipios en que se realiza a iniciativa.

“O conxunto de obradoiros forma parte do programa de accións de carácter informativo, formativo e de sensibilización que se promoven desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña co fin de erradicar a violencia machista”, sinala a deputada de Igualdade, María Muíño. Os obradoiros de “Machismo sen miopías”, apunta a Deputada, están dirixidos á poboación xeral con “obxectivo de contribuír á prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero e confluirán nunha mostra arredor das violencias invisíbeis

Do 10 e 12 de decembro, o Centro Sociocultural de Rianxo acollerá de 17:00 a 19.30h. o obradoiro “As violencias machistas: unha lingua excluínte” no que se analizará quen fala, onde fala, como fala e que fala. A través das respostas a estas preguntas desvelaranse as formas de violencia ocultas na psique colectiva.

“A saúde: unha cuestión de xénero” é o título do taller que os días 9 e 10 de decembro se realizará no C. Municipal de Servizos Sociais en horario de 16.30 a 19:00 horas para abordar a violencia institucional que afecta á saúde das mulleres. A atención nas consultas médicas, a violencia obstétrica, a patoloxización ou a medicalización dos corpos das mulleres será algúns dos temas que se abordarán na iniciativa.

Maria Muiño e Eva Ovenza, Deputada e técnica de Igualdade

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...