Os maiores de Ribeira celebraron un novo encontro

25 Novembro 2019

Ao redor dun milleiro de persoas déronse cita nunha nova edición do Encontro das Persoas Maiores, un evento organizado desde os Servizos Sociais do Concello de Ribeira que se celebrou durante a xornada de onte no pavillón da Fieiteira con viandas, música e animadas conversas.

Con anterioridade ao xantar, ás 12.30 horas, oficiouse unha Misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía, incluíndo a actuación da Rondalla de Aguiño. Xa no recinto polideportivo, a xuntanza arrancou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz; da concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz; e do director xeral de Maiores da Xunta de Galicia; Ildefonso de la Campa.

O rexedor puxo en valor durante o seu discurso o papel da veciñanza máis veterana, á que cualificou de “presente e futuro deste concello” e respecto dos que se comprometeu a seguir traballando para o seu benestar durante tódolos días do ano.

Tamén Ildefonso de la Campa destacou o papel desenvolvido pola Xunta de Galicia en favor das persoas maiores, garantindo a continuidade do compromiso por parte do Executivo autonómico. Así, precisou que se pon de manifesto no orzamento da Consellería de Política Social para 2020, o cal destina 450 millóns de euros, un 5’2% máis, á atención dos maiores e persoas con discapacidade. Neste senso, o director xeral apuntou que esta maior dispoñibilidade económica permitirá consolidar os avances en materia de dependencia, manter os incrementos na contía das prestacións e seguir a estender programas coma as casas do maior, pequenos centros de día en concellos rurais ou o programa de coidados porta a porta, que o vindeiro ano chegará a 200 concellos.

Pola súa parte, a edil Ana Ruiz salientou o labor desempeñado polos traballadores e traballadoras municipais de Servizos Sociais.

Ademais, o evento contou coa presenza doutras autoridades coma o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; o capitán marítimo de Vilagarcía, Manuel Martínez; o comandante do EVA 10, Roberto Ruiz; o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez; o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría; concelleiros de distintos grupos da corporación; e forzas de seguridade do municipio; entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...