O Club de Aeromodelismo Furacán achega as súas pezas á veciñanza

12 Novembro 2019
Cedida

Unha nova mostra está a disposición da veciñanza na pobrense Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler. Nesta ocasión, é a quenda da exposición do Club de Aeromodelismo Furacán. Así, na tarde de onte tivo lugar a inauguración a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o presidente do citado colectivo, Ricardo Rivas Sampedro.

A edil Patricia Lojo explicou a traxectoria dunha entidade que naceu en 1995 como unha inquietude dun grupo de amigos que, por separado, intentaban comezar a súa andaina neste mundo. Pouco a pouco, o club foi medrando e empezou a organizar actividades ou participar conxuntamente con outras entidades e organismos públicos. Exemplo deste dinamismo é a presente mostra ou a exhibición realizada no transcurso dos festexos do Carme dos Pincheiros, entre outros. Lojo Nine tamén manifestou que unha das accións das que se senten máis orgullosos é a escola deportiva, iniciando aos máis pequenos neste eido e facilitándolles que poidan practicar esta afección a un custe máis accesible. Ademais, animou a toda a veciñanza a achegarse ao longo de todo o mes de novembro para contemplar e coñecer de preto o seu traballo.

Pola súa parte, Ricardo Rivas explicou máis polo miúdo o funcionamento deste mundo, detallando as características das distintas pezas, as cales están feitas a man con sumo coidado e dedicación, ademais de presentar trazos que pretenden achegarse á temática e á realidade o máximo posible. Así mesmo, tivo palabras de agradecemento para os seus compañeiros e o Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.