O BNG da Pobra levará unha moción para a revogación do pleno urxente e extraordinario de outubro

19 Novembro 2019
Cedida por BNG da Pobra

O grupo municipal do BNG pobrense levará a sesión plenaria unha moción relativa á revogación do pleno urxente e extraordinario do 1 de outubro.

Na súa exposición, a formación nacionalista manifesta que no pleno de setembro, os dous concelleiros daquel entón, Ramiro Ouviña e Cristina Andrade, ante a renovación dos cargos electos da súa organización presentaron a súa renuncia, constituíndo este un requisito legal previo para que os novos edís tomen posesión, acto que se celebraría no pleno de novembro, unha vez que a xunta electoral validara a documentación solicitada.

O Bloque sostén que transcorridos tres días hábiles deste trámite administrativo de renuncia, o goberno de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, “coñecedores da situación” convocan unha sesión plenaria extraordinaria con carácter de urxencia para aprobar unha proposta que incluía “1- Votación de urxencia da sesión. 2- Proposta da Alcaldía designación de dedicacións, réxime económico das asistencias e indemnizacións e asignación aos grupos políticos. 3- Proposta da Alcaldía determinación do número e réxime de persoal eventual.” Deste xeito, aprobáronse os acordos unicamente coa asistencia dos grupos que forman parte do goberno municipal, pois os novos concelleiros do BNG aínda non tomaran posesión da súa acta e os do PP abandonaran o salón no momento en que se rexeitou a súa petición de que se retirasen os puntos da orde do día, “o que daba unha accidental e non real maioría ao equipo gobernante.”

Ante isto, a forza nacionalista expresa que o pleno municipal é o “órgano máximo de goberno, depositario do mandato democrático saínte das urnas e que nunca xamais se debe usar de maneira partidaria, e moito menos antidemocrática, pois aproveitouse unha maioría numérica temporal que non responde á vontade popular.” Neste senso, engade que “é necesario recuperar o mandato popular nas decisións plenarias e restituír a democracia nas institucións municipais.”

Por todo isto, o Bloque solicita revogar os acordos tomados na citada sesión extraordinaria e urxente.

Así mesmo, a voceira do BNG local, Amparo Cerecedo, indica que “nós si demostramos que somos unha oposición responsable e valente, mentres que enfronte temos un goberno totalmente antidemocrático, que prima os intereses partidistas por riba das institucións.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.