Detido un veciño pobrense como presunto autor dun delito contra a saúde pública

15 Novembro 2019
Cedida pola Garda Civil

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a unha persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os feitos sucederon cando unha patrulla da mencionada unidade realizaba un servizo de seguridade cidadá no municipio da Pobra do Caramiñal.

A Garda Civil observou, na rúa Venecia da citada localidade, a un varón que se achegaba a un grupo de mozos, o cal, ao decatarse da súa presencia, abandonou o lugar apresuradamente. Ante a reacción desta persoa, os efectivos da patrulla iniciaron o seu seguimento ata interceptalo, momento no cal procederon á súa identificación e palpado superficial.

No transcurso do palpado, a Benemérita achou ocultos no interior da súa vestimenta, dous envoltorios de plástico transparente, os cales contiñan unha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix; así como unha bolsa transparente que gardaba uns cogollos verdes, presuntamente marihuana.

A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación das substancias que portaba, as cales arroxaron, tras ser pesadas, un valor de 191 gramos -a contida nos dous envoltorios- e 3 gramos -a do interior da bolsa-.

O detido, xunto coas actuacións e os efectos incautados, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.