A Banda de Música de Rianxo, terceiro premio no certame galego de bandas

05 Novembro 2019

Estes primeiros días de novembro celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, a 13 edición do Certame Galego de Bandas de Música, que organiza a Federación Galega de Bandas Populares. Na cita as diferentes agrupacións comezaron cadansúas participacións interpretando pasodobres a xeito de presentación, para logo meterse en faena, no concurso, cunha peza de libre elección e outra de autoría galega proposta pola organización. Unha das bandas máis destacadas do certame resultou ser a Banda da Escola de Música de Rianxo, que brillou con luz propia.

A agrupación que dirixe Rafa Moares, que concorreu por vez primeira na súa historia na sección primeira do concurso (a de bandas con máis de 70 membros), obtivo un máis que destacado terceiro premio, con 485 puntos, só superada pola Banda de Meaño (con 540) e a de Vilatuxe (con 509). Na súa actuación, a banda rianxeira interpretou un pasodobre de Enrique Melio e máis a peza A rapa das bestas, de Simón Couceiro Riveira, que foi a peza proposta pola organización para a sección primeira do concurso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.