Rianxo festexa o Día da Biblioteca coa obra A pluma viva de Rosalía

23 Outubro 2019

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca o xoves 24, o espazo de lectura municipal de Rianxo albergará, ás 18.00 horas, a representación A pluma viva de Rosalía, da compañía Os Quinquilláns.

Esta creación achegará a obra de Rosalía de Castro a tódolos públicos, ademais de transmitir as dificultades que tivo que sufrir unha muller escritora no seu tempo. Rosalía oponse ao prexuízo de que existe unha literatura feminina e escribe e fala sobre a problemática das mulleres: violencia, soidade, falta de oportunidades e desamparo, entre outras.

O elenco desta proposta está formado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

Esta actividade, de balde e ata completar aforo, enmárcase no programa Ler conta moito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.