O derbi barbanzán de preferente saldouse dun disputado 1-1

01 Outubro 2019

20191001 Este domingo houbo derbi barbanzán de Preferente: o duelo entre o Noia e o Puebla en casa dos primeiros (San Lázaro), un partido que prometía ser rifado coma un choque de trens (o Noia chegaba nun bo momento de forza e os da Pobra con moi poucas intencións de ceder a segunda praza da clasificación, que finalmente segue a manter con 14 puntos por debaixo do Viveiro) e que brindou un choque igualado de enerxías que se acabou reflectindo no resultado (1-1) e, tamén, no propio desenvolvemento do xogo.

No partido, iso si, comezou dominando o cadro local, para logo, co avance do encontro, irse igualando as forzas. En contra, os xogadores tiveron unhas condicións climáticas realmente adversas, cunha chuvieira que non cesou de caer en ningún momento do choque e que previamente enchoupara a fondo o campo de xogo.

Noia Club de Fútbol: Alberto Pajarillo, Rendo, Juanjo, Angelo, Juan Diego, Canabal (substituído por Jacobo Tato no minuto 58), Nando (substituído por Felipe Blanco no 82), Hugo, Anxo, John (Marcos Lado no minuto 58) e Seijas (Tachi 65’).

Pobra: Juan, Lugo (Aless 55’) Manuel María (Piñeiro 69’), Pablo Pérez, Manu Soto (Teira 77’), Adrián Pereira, Nacho Figueira, Falcón, Madiop, Juan García (Xabi 46’) e Picos.

Gol do Noia: 1-0, Juan en propia meta no minuto 35.

Gol do visitante: 1-1, Madiop de penalti no minuto 52.

Árbitro: Miño Pico, Alejandro, de Ferrol. Sacou tarxeta amarela aos locais Anxo, John, Hugo e Marcos Lado e aos visitantes Lugo e Manuel María. Expulsou con vermella directa a Angelo no minuto 51.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.