O Puebla logra o seu terceiro triunfo consecutivo

09 Setembro 2019
Cedida por Puebla F.C.

20190909. O Puebla F.C. sumou onte a súa terceira vitoria consecutiva no campo de Cadreche. Nesta ocasión, tocoulle enfrontarse ao At. Coruña Montañeros C.F., pero iso non impediu que anotasen 9 puntos dos 9 posibles no arranque desta tempada. Nas dúas xornadas previas non encaixaron goles en contra, e o día de onte non foi unha excepción.

O numeroso público asistente contemplou como, no minuto 15, Adrián Pereira marcou o primeiro gol cunha volea desde fóra da área. Cando os Montañeros aínda non tiveran tempo de recuperarse, no minuto 18, Adrián Falcón anotou o segundo gol de córner directo.

A segunda parte do partido transcorreu máis tranquila, exceptuando os últimos 15 minutos, momento no que foi expulsado Álvaro Calo por dobre amarela. Esa situación provocou que os coruñeses intentasen encaixar o balón na portería de Juan Pérez, quen defendeu a súa área evitando o propósito dos visitantes.

Deste xeito, o Puebla viviu un novo éxito na casa acompañado dos afeccionados e socios.

Cedida por Puebla F.C.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.