O particular furancho de Marián Bañobre e Isabel Risco arriba á Pobra

24 Setembro 2019

20190924. Marián Bañobre e Isabel Risco chegan este domingo 29 ao pobrense teatro Elma coa súa última creación O furancho. Con texto e dirección escénica a cargo de Santiago Cortegoso, este espectáculo ofrece un peculiar furancho onde consumir o excedente de viño, sinónimo de humor, gozando dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapará de comedia. Ademais, para os que non beben alcohol en exceso, a actividade ofrece o seu propio balneario, nomeado Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro, para desfrutar de tratamentos de beleza e saúde baseados en viñoterapia, pois “o corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzámo-las sementes das variedades máis exquisitas para atopa-la combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.”

Organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal, a cita arrancará ás 20.00 horas e a entrada será de balde.

Outros artigos

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...