O BNG da Pobra levará a pleno a situación das rúas do municipio

24 Setembro 2019
Cedida por BNG da Pobra

20190924. O grupo municipal do BNG pobrense levará a pleno unha moción respecto da situación das rúas do concello. Desde a formación sinalan que foron “temas recorrentes a sucidade das rúas, a presenza de cheiros de sumidoiros e contedores do servizo municipal de recollida do lixo, a presenza, sen seren convidadas, das ratas, e dende logo a vexetación descontrolada que invade camiños, rúas e mesmo beirarrúas, alá onde as hai.”

Neste senso, manifestan que as rúas urbanas máis afastadas do centro, tales como Rafael Dieste e Alexandre Bóveda, a situación na que se atopan “é autenticamente lamentable, uníndose en igualdade de condicións coas do rural. A isto podemos engadir a sucidade das rúas empedradas do centro da Pobra, que acumulan roña ata o punto de que a súa cor cada vez se aproxima máis ao negro.”

Así mesmo, engaden que “o lixo, o cheiro, a maleza están comendo cada vez máis terreo no noso concello e iso esixe actuacións, urxentes unhas, e concienzudamente planificadas outras para rematar definitivamente cunha situación que o BNG vén denunciando reiteradamente desde hai anos.”

Por todo isto, o Bloque local propón que o goberno municipal inicie “con urxencia” unha limpeza xeral das rúas urbanas, incluíndo a eliminación de vexetación que invade as beirarrúas; a limpeza e adecuación das cunetas, regos, rexistros e demais elementos do sistema de recollida de pluviais, tanto nas zonas rurais coma nas urbanas; e o establecemento dun programa de saneamento e limpeza de beiravías, beirarrúas, cunetas e regos co obxectivo de evitar o asolagamento de rúas e camiños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.