Nova oportunidade de formación para os maiores de 50 anos na Pobra

11 Setembro 2019

20190911. O cuarto ciclo de Camiños de coñecemento e experiencia achegará formación universitaria a maiores de 50 anos na Pobra do Caramiñal. Este proxecto de democratización do coñecemento conta cun amplo programa. Deste xeito, o xoves, 19 de setembro, terá lugar o seminario teórico-práctico (I): Matemáticas, pídechas o corpo! a cargo de Beatriz Álvarez Díaz, Laura Davila Pena e Érika Diz Pita, todas elas da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Volverán o xoves, 26 de setembro, coa segunda parte deste seminario.

O martes, 24 de setembro, será a quenda de Xaime Manuel Requeixo Souto, da facultade de Dereito (USC), co coloquio A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o dereito galego e o estatal, celebrándose o martes, 1 de outubro, a parte práctica.

O venres, 4 de outubro, chega Xeografía física da costa galega e modos de adaptación do ser humano. Orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral da man de Juan López Bedoya, da facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta cita terá continuidade na xornada do venres, 11 de outubro, cun percorrido pola costa do concello pobrense.

Álvaro Dosil Rosende, do Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible (USC), será o encargado de pechar esta edición o luns, 21 de outubro, coa conferencia O Cine como Linguaxe que proseguirá o martes, 22 de outubro, coa súa parte práctica.

Tódalas actividades se desenvolverán en horario de 16.30 a 18.00 horas na aula de estudo da Biblioteca municipal Victoriano García Martí, situada no terceiro andar do número 25 da rúa Castelao. A matrícula é gratuíta e os interesados poden formalizala na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, así como solicitar máis información se o precisan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...