Joselyn Daniely Brea e Alberto Castiñeira triunfan no Gran Premio Tríatlon A Pobra do Caramiñal

09 Setembro 2019
Cedida por Asociación Paralelo 42

20190909. A vila pobrense acolleu o domingo a terceira edición do Gran Premio Tríatlon A Pobra do Caramiñal. Nesta nova convocatoria de sprint, preto de 300 triatletas disputaron os 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.

En feminino, o ouro foi para Joselyn Daniely Brea (01:04:11’41), sendo a prata para Anneke Forrest (01:05:07’78) e o bronce para Ana Santiso (01:11:04’44). No que respecta a masculino, Alberto Castiñeira (00:59:50’64) acadou o primeiro posto do podio acompañado por Ricardo Hernández (01:00:20’81) e Andrés Cendán (01:01:05’45), segundo e terceiro respectivamente.

A proba de natación celebrouse na praia do Areal, consistindo nunha volta en sentido horario ao circuíto. En canto ao ciclismo, fixéronse 3 voltas, cun desnivel acumulado entre o 8% e 12%, transcorrendo pola DP-6703, travesía do Areal, rúa Venecia, rúa Gasset, praza Rosalía de Castro e rúa da Paz. Respecto á carreira dispuxéronse dúas voltas polo paseo da praia do Areal e porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...