Familias e persoal educativo formaranse en Rianxo en alimentación saudábel

06 Setembro 2019

20190906 O Proxecto Apego no Concello de Rianxo vai apostar de cheo pola formación familiar integral en materia de alimentación: pola adquisición e o intercambio de coñecemento sobre saúde nutricional onde nais, pais e profesorado sexan tamén unha parte activa.

Estas actividades sobre alimentación saudábel terán tres vertentes: uns obradoiros de disciplina positiva (cinco sesións, en primavera, impartidas pola pedagoga María Paredes), uns faladoiros de hábitos alimenticios positivos (cinco sesións, o 25 deste mes e os días 2, 9, 16 e 23 de outubro, impartidos por Lida Folgar, experta en nutrición infantil) e unhas sesións de mindfullness en familia (media ducia de sesións, os días 25 e 31 de outubro e os días 8, 15, 22 e 29 de novembro, imparte a pedagoga familiar Raquel Bello de Espazo Oikos).

As actividades desenvolveranse no Auditorio de Rianxo. O programa diríxese a familias con crianzas e persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadoras e educadores de garderías, persoal de ludotecas ou responsábeis de comedores escolares, entre outros colectivos).

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.