Elena Miguens e Martin Carrera gañan o Tríatlon Concello de Rianxo

09 Setembro 2019
Cedida polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo

20190909. A vila rianxeira citou o sábado a preto de 100 triatletas con motivo da terceira edición do Tríatlon Concello de Rianxo. Unha convocatoria na que os participantes tiveron que realizar a proba de natación cun percorrido de 750 metros, ciclista de 2 quilómetros dividida en catro voltas e 5 quilómetros de carreira a pé en tres voltas.

Na clasificatoria xeral da Absoluta Feminina impúxose Elena Miguens Otero (Veteranas Feminina), do Club Olímpico de Vedra, cun tempo total de 1:22:56; mentres que María Lois Abal (Sub-23 Feminina), do Arcade Inforhouse Santia, quedou a 0:04:01 de diferenza, asinando 1:26:56.

Cedida polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo

No que respecta á clasificación xeral da Absoluta Masculina, o ouro foi para Martín Carrera Costas, de Triatlón Boiro, alcanzando 1:04:52. O segundo posto foi para Jacobo Crego Fernández, de Trialón Boiro, con 1:05:25. O podio completouno Nicolás Domínguez García, de DISA HPS Triatlón, marcando 1:05:56.

En canto a categorías, na Cadetes Masculina destacou Juan Rey Olveira, de Triatlón Boiro (1:09:42); Martín Carrera Costas, de Triatlón Boiro, na Sub-23 Masculina (1:04:52); e Roberto Carlos Agrelo Gome, de ARTROGAL-TR I498, na Veteranos Masculina (1:09:39).

Cedida polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.