A residencia Domus Vi de Ribeira celebra o Día mundial do Alzheimer

21 Setembro 2019

20190920.- A Residencia de Maiores Domus Vi de Riveira anticipouse nun dia á celebración da xornada mundial do Alzheimer. Unha actividade que ven de romper coa rutina que impide ver a realidade  desta enfermidade e que axuda a escapar dela.

O venres 20 de setembro os integrantes da residencia fixeron un pequeno e importante recorrido que suma novos pasos á “Quilómetros para recordar”, fundación que ten como fin axudar á investigación do alzheimer.

Tal como nos lembran desde as asociacións o lema da xornada mundial do Alzheimer: evolución. Se as necesidades evolucionan, din, as respostas a estas necesidades precisan de facelo da mesma maneira. Hai novas necesidades que precisan novos coidados e novas atencións. É parte da reflexión que fai a confederación española do alzheimer. Especialmente fágome eco desta frase: “e é que a rutina de mirar moito tempo o mesmo escenario pode impedir ver e comprender os cambios que neste se producen”.  Sensibilización para unha mellor prevención desta patoloxía á que denominan “epidemia do século XXI”, pero tamén unha mirada máis atenta e profunda para saber responder ás novas situacións cas que nos atopamos. Unha mirada máis atenta e profunda a quen a sufre directamente para ofrecer unha mellor calidade de vida ante unha situación na que un é desposeído de todo, e tamén ao seu entorno que moitas veces non sabe como reaccionar. Mais reportaxe en Parroquia Santa Uxía

Integrantes da residencia de mailres Domus Vi de Ribeira

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.