A Pobra acollerá o Open Integrado de Tenis Mesa-Torneo Setembro 2019

13 Setembro 2019

20190913. O polideportivo situado na rúa Venecia da Pobra do Caramiñal será o lugar onde se dispute o Open Integrado de Tenis Mesa-Torneo Setembro 2019. Esta cita deportiva terá lugar o luns 16, con comezo ás 10.30 horas e remate en torno ás 14.00 horas.

As categorías que poderán participar son federados/as, non federados/as, menores de 14 anos e persoas con discapacidade.

A inscrición é gratuíta e os interesados poden formalizala chamando ao teléfono 687488902, no enderezo electrónico adeco.dea@gmail.com ou antes do inicio da competición na propia instalación deportiva.

O evento está organizado Adeco-Dea coa colaboración da Concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.