A Biblioteca da Pobra e os artistas Iolanda Eiras e Camilo Seira súmanse con contacontos e obradoiros á defensa da Terra

16 Setembro 2019

20190916 Medra a pasos axigantados a incerteza arredor dos efectos do quecemento da Terra, que levan xa tempo facéndose notar ben preto da nosa terra, e as nosas entidades, colectivos e grupos de artistas non queren quedar á marxe dos chamamentos, das mobilizacións e das concentracións. Estes días, sen ir máis lonxe, a Biblioteca Municipal da Pobra confirmou a súa participación na Folga Mundial contra o Cambio Climático, que se desenvolve os días 20 (convocando aos estudantes) e 27 de setembro (a nivel xeral) deste mesmo ano. A xeito de actividade de adhesión mobilizadora e chamada de atención, a biblioteca organiza o día 18 de setembro un contacontos con Iolanda Eiras e o escultor Camilo Seira.

O argumento do espectáculo xira arredor dun mundo máis ancestral có que coñecemos, onde todos os seres que habitan a Terra teñen a capacidade de falar, todos agás un ser vivo en concreto: a árbore calada. “Neste conto”, explican os responsábeis do mesmo, “tomaremos conciencia sobre a importancia de coidarmos a terra e sobre o poder devastador do lume”. A actividade inclúe un obradoiro plástico de modelaxe en barro, o obradoiro Que facer coa terra. Estará dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos e será ás 18.00 horas.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.