Servidas 2.000 racións nunha exitosa XXII Festa do Percebe de Aguiño

04 Agosto 2019

20190804.- A parroquia ribeirense de Aguiño celebrou este domingo, 4 de agosto, unha das citas gastronómicas máis arraigadas no calendario estival da comarca.

A XXII Festa do Percebe de Aguiño resultou unha das máis exitosas da súa
traxectoria con dúas mil racións servidas en pouco máis de dúas horas: dende a unha da tarde en que se abriron as portas da lonxa ata as tres e cuarto aproximadamente, esgotando o crustáceo a disposición dos comensais que se achegaron de xeito multitudinario ao recinto portuario da parroquia.
Antes, e como é tradición, tivo lugar a concesión dos Percebeiros de Honra, que nesta ocasión recaeron nas máns do coñecido artista Xosé Antonio Touriñán e do teólogo Andrés Torres Queiruga.
O acto de entrega contou coa presenza e participación das conselleiras Rosa Quintana e Ethel Vázquez, ademais do alcalde Manuel Ruiz e do patrón maior de Aguiño, Xosé Antonio Santamaría.

Os Percebeiros de Honra, que nesta ocasión recaeron nas máns do coñecido
artista Xosé Antonio Touriñán e do teólogo aguiñense, Andrés Torres
Queiruga.
A s conselleiras Rosa Quintana e Ethel Vázquez, co alcalde Manuel Ruiz

Colas para acceder a lonxa e participar na festa
Veciños e turistas degustando racións de percebes na Festa de Aguiño

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.