Detido un individuo e desmantelado un narcopiso en Ribeira

06 Agosto 2019
Cedida por Policía Nacional

20190806. A Policía Nacional de Ribeira detivo a un home de 32 anos, natural de Ribeira, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de tráfico de drogas, desmantelando así un punto de venta de drogas nun domicilio utilizado como narcopiso para a distribución e venta de sustancias estupefacientes a traficantes a pequena escala e consumidores.

Tras conseguir autorización xudicial, os axentes interviñeron 310 gramos de cocaína, 200 de heroína, 300 de haxix, 30 de MDMA e 17 de crack. Así mesmo, incautaron máis de 6620 euros en efectivo en billetes de diverso valor e moedas, dúas libretas bancarias, dous discos duros, un ordenador portátil, dous móbiles, dúas balanzas de precisión, dúas xerras de cristal con medida para o preparado de estupefacientes e outros elementos para a elaboración das sustancias.

Ademais, atoparon un can da raza pitbull, o cal foi entregado ao Servizo Galego de Lacería.

O detido contaba con varios antecedentes policiais e xa pasou a disposición xudicial. A investigación continúa aberta, polo que non se descartan máis detencións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.